RT Generic T1 Manifestacións cutáneas da COVID19 A1 Río Pena, Emilio del AB Dende a súa descrición en decembro de 2019 a COVID19 cambiou o curso da humanidade. A COVID19 é unha enfermidade infecciosa viral causada polo SARS-CoV2. As manifestacións clínicas máis importantes son respiratorias acompañadas de sintomatoloxía xeral inespecífica, malia que pode afectar a unha gran cantidade de órganos e aparellos, entre eles a pel.A clínica cutánea da enfermidade é polimórfica, existindo unha ampla variedade de signos descritos, a pesares de que a meirande parte deles comparten un substrato fisiopatolóxico e anatomopatolóxico común.Os signos máis frecuentes son exantemas inespecíficos coma o exantema eritematoso ou maculopapular tipo morbiliforme, polo que a súa utilidade práctica é moi limitada.Doutra banda atopamos as pseudopernioses, cuxa relación coa infección viral foi complicada de establecer pero son altamente específicos, aparecendo tardiamente na enfermidade leve, servindo para o diagnóstico en doentes que pasan a infección de xeito inaparente YR 2021 FD 2021-06 LK http://hdl.handle.net/10347/27842 UL http://hdl.handle.net/10347/27842 LA glg NO Traballo Fin de Grao en Medicina. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 24 abr 2026