RT Journal Article T1 As escolas da emigración. Un proxecto educativo de valorización do patrimonio A1 Peña Saavedra, Vicente K1 Emigración K1 Educación K1 Patrimonio AB Fai agora cen anos, en Galicia asistíase á floración e ao desenvolvemento dunha das experiencias de escolarización popular máis xenuínas e senlleiras de cantasse teñen rexistrado na súa historia. Esta iniciativa agromaba nos escenarios da emigración transoceánica, impulsada polas sociedades de instrución quecomezaran a tomar corpo en varios daqueles espazos case ao mesmo tempo, á altura de 1904. Desde entón e ata o alborexar da década dos trinta, ano a ano emes a mes foron constituíndose moreas de pequenas agrupacións locais nos territorios de alén mar que tiñan por obxectivo en común contribuír á difusión doensino nos lugares aos que proclamaban representar. Débenselles a elas as máis de trescentas aulas coas que axudaron a encher de luces o país, favorecendo atransición dunha sociedade na que prevalecía a cultura oral a unha nova xeira na que se ía ir abrindo paso a cultura escrita, sobre todo mercé á difusión epenetración da escola nos contextos rurais. Tres séculos antes xa, da man dos filántropos indianos, a intervención dos galegos do exterior no ámbito educativofixera a súa aparición. As dúas variantes coexistirán durante boa parte da primeira metade do pasado século, aínda que con intensidades e perfís ben distintos aolongo do seu percorrido PB Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria YR 2014 FD 2014-07 LK http://hdl.handle.net/10347/15489 UL http://hdl.handle.net/10347/15489 LA glg NO PEÑA SAAVEDRA, V.:(2014): «As escolas da emigración. Un proxecto educativo de valorización do patrimonio». EDUGA. Revista Galega do Ensino, nº 68, xullo-decembro. DS Minerva RD 28 abr 2026