RT Dissertation/Thesis T1 Os insultos en galego. Estudo lingüístico A1 Novo Folgueira, Paulino A2 Facultade de Filoloxía. Departamento de Filoloxía Galega, K1 Sociolingüística galega K1 Diccionario AB A tese consta de dúas partes diferenciadas: unha introdución teórica e un dicionario de insultos, outros apelativos e significados figurados aplicados a persoas, relacionados co reino animal.1. A introdución teórica pretende achegarse a esta materia erma para a investigación en galego desde varias disciplinas lingüísticas.Intentáronse abordar os aspectos lingüísticos que interveñen na formación e uso dos insultos, e considérase unha achega interesante a sistematización de ilustracións en todo momento con exemplos tirados da bibliografía literaria baleirada.A través desta introdución vaise demostrando e xustificando que os insultos non poden estudarse illadamente, polo súa propia natureza, moi diversa, e por compartir mecanismos de formación e uso con outros apelativos, metáforas…2. O dicionario circunscribiuse a palabras tomadas do reino animal para poder adaptarse a unha dimensión en extensión de tese de doutoramento. As palabras procedentes do reino animal abren un abano semántico especialmente atractivo por basearse en propiedades dos bichos, na súa simboloxía ou na mesma relación cos humanos.O dicionario preséntase recollendo as definicións extraídas da totalidade de dicionarios galegos e dos textos literarios en galego baleirados. Como sub-entradas recóllense todas as variantes e derivados, con reprodución textual da definición dos dicionarios baleirados e contexto literal dos autores literarios.Pola proximidade e relación histórica do galego co castelán e mais co portugués considerei oportuna, aínda que só sexa por razóns ilustrativas, un apartado en cada entrada para estas dúas linguas. Para moitas explicacións etimolóxicas a referencia xa se ía facer obrigada. As conclusións que resultan de cotexar os resultados nas tres linguas non só ofrecen unha foto interesante, senón que reafirman o carácter propio galego para os insultos, ademais de demostrar unha vez máis a natureza antolladiza e circunstancial da conformación dunha lingua. As coincidencias serven de apuntalamento de teorías de formación ou de significado, e os matices particulares e exclusivos van definindo as linguas pero tamén as xeografías e as xentes. YR 2014 FD 2014-02-04 LK http://hdl.handle.net/10347/9802 UL http://hdl.handle.net/10347/9802 LA glg DS Minerva RD 29 abr 2026