RT Book,_Whole T1 Evohé: Revista Cultural do Campus Terra-Lugo, número 36 K1 Eugenio Granell AB O número 36 de Evohé, dirixido por Laura Paz Fentanes contén un monográfico dedicado ao multiartista e escritor Eugenio Granell, quen aparece estudado por María Lopo, Laura Fentanes, Olga Novo, Carmen Blanco e Cristina Fiaño, neste caso en relación coa poeta Eunice Odio. Ademais, Adina Ioana Vladu ocúpase de traducir a poesía de Granell ao inglés e Claudio Rodríguez Fer dedícalle un longo poema ao seu universo creativo. Maquetou Cristina Fiaño con ilustracións sobre Granell de Alisa Smirnova (autora dos retratos de cuberta e portada) e Misha Bies Golas e, sobre Borges, de Francisco Sosa. O apartado creativo débese a alumnado da Facultade de Humanidades de Lugo, tanto xa egresado (Amalia Méndez Lombao) como actual (Saray Soage Arosa, Rebeca Rodríguez Barbeito, Zaira Bellón Villar, Alejandra Castro Neira, Marcos Iglesias Díaz, Alejandro Salgado Baños, Laura Custodio Cristea, Dea Souto Mera, Iria García Golmar, Aiesha Mae Salibio Estavillo e Esme Grace Wall). Finalmente, aparecen ensaios sobre as entrevistas realizadas a Valente a cargo de Eva Riveiro Formoso e sobre a voz dos anarquistas españois recuperada nun libro de entrevistas por Lily Litvak a cargo de Eduard Masjuan PB Universidade de Santiago de Compostela SN 2603-855X YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/42494 UL https://hdl.handle.net/10347/42494 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026