RT Generic T1 Desigualdades en Problemas de Olimpiadas A1 Vázquez Zavalza, Julio K1 Desigualdade K1 Problemas K1 Olimpiada AB O obxectivo principal deste traballo será presentar as diferentes desigualdades matemáticas empregadas para resolver moitos dos problemas propostos nas distintas competicións de Olimpiadas Matemáticas, desde o nivel local ou autonómico até o internacional e a relativamente nova EGMO, a nivel feminino. Ademáis, recóllese unha escolma de problemas resoltos mediante o uso de unha ou varias destas desigualdades, facendo notar a potencia que teñen para aproximar ou resolver cada problema.Deste xeito, o traballo está divido en 3 capítulos. O primeiro deles é a introducción e caracaterísticas das diferentes competicións olímpicas. No segundo pasamos a de nir e demostrar as desigualdades máis importantes e empregadas: a desigualdade triangular, a desigualdade das medias, desigualdades de reordenación entre as que atopamos Cauchy-Schwarz, Chebyshev ou Nesbitt , a desigualdade de Holder, a de Minkowski, a importante desigualdade de Jensen para funcións convexas, o teorema de Muirhead e as desigualdades de Schur e de Erdos-Mordell. Unha vez familiarizados con elas, damos unha serie de problemas de cada competición. Na última sección veñen as solucións a cada problema. Moitas veces as solucións non son únicas, ou non están todas incluídas; pero sempre se trata de resaltar a utilización das devanditas desigualdades YR 2025 FD 2025-09 LK https://hdl.handle.net/10347/46786 UL https://hdl.handle.net/10347/46786 LA glg NO UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DS Minerva RD 18 abr 2026