RT Generic T1 Hai alguén aí? O reto das novas plataformas e o futuro dos nosos medios públicos T2 Is anyone there? The new platforms and the future of galician public media A1 Barreiro-Rozados, Manuel K1 Televisión pública K1 CRTVG K1 Neotelevisión K1 Tautotelevisión K1 Converxencia mediática K1 Sociedade rede K1 Control mediático K1 Lingua galega K1 Audiovisual galego K1 Industria cultural AB Analizamos a transformación dos medios públicos galegos no contexto da expansión das plataformas dixitais (OTT) e do fenómeno da converxencia mediática global. Partimos das formulacións teóricas da Industria Cultural propostas por Adorno e Horkheimer, así como da reinterpretación de Umberto Eco, para comprender como se produce a transición desde os medios tradicionais cara á sociedade rede descrita por Castells. Neste novo ecosistema, o suxeito pasa a ser un prosumidor, con maior capacidade de acción, pero tamén máis exposto aos mecanismos de control algorítmico e mercantilización dos contidos.Describimos un modelo híbrido para a CRTVG que denominamos Tautotelevisión, caracterizado pola reiteración de formatos, a construción dunha identidade galega estereotipada e a tendencia á despolitización dos contidos. Este modelo televisivo hiperreal serve para reproducir dinámicas de control político e dependencia produtiva.A fenda dixital e á perda de funcións públicas nos medios e a deriva cara a unha televisión de nicho sen impacto transformador pode ser un risco importante ameace a supervivencia da CRTVG. Como alternativa, defendemos a recuperación da soberanía mediática a través de políticas públicas que fomenten a pluralidade, a independencia e a colaboración estratéxica con espazos afíns como a lusofonía. Apostamos por un modelo de medios públicos que promovan a cohesión social, a diversidade cultural e o desenvolvemento dun ecosistema audiovisual galego sustentábel, crítico e inclusivo. YR 2021 FD 2021-06-28 LK https://hdl.handle.net/10347/42203 UL https://hdl.handle.net/10347/42203 LA glg NO Traballo premiado na V edición dos "Premios María Luz Morales de Ensaio sobre o Audiovisual" (2024), na categoría "Mellor Ensaio Escrito sobre Audiovisual Internacional" DS Minerva RD 23 abr 2026