RT Journal Article T1 Dúas contribucións á Romanística do Príncipe Louis-Lucien Bonaparte con presenza de voces galegas A1 García Gondar, Francisco K1 Lingüística galega K1 Louis-Lucien Bonaparte (1813-1891) AB A historiografía da lingüística galega conta xa con varios traballos dedicados a dar noticia e/ou analizar a contribución do Príncipe Louis-Lucien Bonaparte (1813-1891) ao coñecemento científico do galego e mesmo ao desenvolvemento da prosa literaria nesta lingua, como promotor da tradución do Evanxeo de San Mateo (Sánchez de Santamaría 1861). Foi Alonso Montero (1958, 1959, 1962)1 quen, por primeira vez, deu noticia e salientou o interese da contribución bonapartiana. Posteriormente, Kabatek (1992, 1993, 2005) analizou a tradución galega do Evanxeo de San Mateo e avaliaouna como contribución á creación da prosa literaria moderna, xunto coas breves suxestións sobre a codificación do galego que Bonaparte fai nas Observaciones sobre la pronunciación del dialecto gallego (Sánchez de Santamaría 1861: V-VIII), que figura como introdución á devandita tradución. Real Pérez (1999) deu a coñecer a tradución galega (probablemente a partir dunha fonte francesa) dunha colección de conversas previsiblemente destinadas a facilitar a aprendizaxe da lingua. E, por último, García Turnes (2003: 377-392), ao examinar a consideración do galego como co-dialecto do portugués por parte de José Leite de Vasconcellos (1858-1941), contrapón o concepto de codialecto do filólogo portugués co de Bonaparte (inspirador do primeiro) PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-914-4 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/12207 UL http://hdl.handle.net/10347/12207 LA glg NO GARCÍA GONDAR, Francisco: «Dúas contribucións á Romanística do Príncipe Louis-Lucien Bonaparte con presenza de voces galegas». Cum corde et in nova grammatica. Estudios ofrecidos a Guillermo Rojo. Edición a cargo de Tomás Jiménez Juliá, Belén López Meirama, Victoria Vázquez Rozas y Alexandre Veiga. Departamento de Lingua Española. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela, 2012. 927 pp. DL C 1286-2012. ISBN 978-84-9887-914-8. Páx. 353-366. DS Minerva RD 3 may 2026