RT Dissertation/Thesis T1 Economía circular, reparación e obsolescencia. As limitacións da estratexia europea de reparación e potencialidades para o desenvolvemento rexional sustentábel da Galiza A1 López-Bermúdez, Francisco K1 reparación K1 reparabilidade K1 economía circular K1 obsolescencia K1 sustentabilidade AB Nesta tese abordamos o estudo da reparación no contexto da economía circular. A reparación consiste na corrección de erros específicos que devolven os bens a un estado funcional. A reparación constitúe un elemento crucial da lóxica da economía circular ao tratarse dunha actividade de reutilización que permite manter o valor atribuído aos materiais, prolongar a vida útil dos bens e ralentizar a demanda de materias primas. No contexto da actual crise ambiental, que está provocada por un sistema de produción-consumo de tipo linear e o sistema de acumulación que alimenta, tórnase imprescindíbel desenvolver coñecemento útil sobre potenciais alternativas máis sustentábeis. Existe unha carencia fundamental na investigación no ámbito da economía circular que ten a ver coas propiedades socioeconómicas e estruturais da reparación. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/41506 UL https://hdl.handle.net/10347/41506 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026