RT Dissertation/Thesis T1 A construción da axenda política, mediática e pública nas eleccións galegas do ano 2009. Estratexia partidaria, produción da información e cidadanía A1 López López, Paulo Carlos A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e Xornalismo, K1 axenda-setting K1 eleccións Parlamento de Galicia K1 comunicación política K1 análise do discurso K1 voto económico AB As eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2009 foron uns comicios con características especiais, dende o nivel fenomenolóxico ata o comunicativo e o político, onde, nun momento de varias crises superpostas, cada axente xogou un papel determinante na configuración das diferentes axendas e no encadre dos actores. Os acontecementos que tiveron lugar entre setembro de 2008 e marzo de 2009 no contexto económico e social, dinamitaron a posibilidade de continuidade no poder por parte de dous partidos políticos, PSOE e BNG, que, naquela altura, estaban condenados a entenderse para construír unha alternativa á dereita en Galicia. A presente investigación realizouse mediante un estudo pormenorizado das novas dos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e El País entre o 9 de decembro de 2008 (data de saída de Xornal de Galicia) e o 28 de febreiro de 2009 (último día da campaña electoral) a través dunha metodoloxía mixta onde se conxuga a análise de discurso e de contido, ademais da extracción de datos dos diferentes barómetros do CIS. Sobre esta base constrúese o relato electoral mediante a “tematización” presente nos medios, investigando o proceso de diálogo (ou comunicación) que se estableceu entre os partidos políticos, os medios de comunicación e a cidadanía dentro do marco das teorías da axenda-setting e tamén da axendabuilding e as súas posibles influencias no voto. O desenvolvemento da investigación incardinouse nun momento de cambio, cunhas axendas que estaban reforzando o seu contido económico, e no que o período máis conflitivo se deu entre o 23 e o 28 de febreiro, onde os encadres sobre determinados protagonistas se acentúan, certos temas se reforzan e o conflito chega ao punto máximo co “despilfarro” como elemento central. YR 2016 FD 2016-04-19 LK http://hdl.handle.net/10347/14608 UL http://hdl.handle.net/10347/14608 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026