RT Dissertation/Thesis T1 Transcriptomic study of Photobacterium damselae subsp. damselae: roles of temperature and of the two-component system RstAB as regulators of physiology and virulence A1 Matanza Fente, Xosé Manuel K1 virulencia bacteriana K1 regulación xenética K1 temperatura K1 cápsula K1 RstAB AB A familia Vibrionaceae inclúe un gran número de especies bacterianas acuáticas que representan unha ameaza para a saúde animal e humana. Esta tese céntrase en aspectos importantes que gobernan a patoxenicidade e a fitness de Photobacterium damselae subsp. damselae. Concretamente, tratamos de identificar puntos débiles da patobioloxía desta subespecie que poidan ser empregados para mitigar o impacto das infeccións. A primeira parte da tese lidia coa resposta desta bacteria a temperaturas chave relacionadas coa fitness no medio mariño (15ºC) así como coa fitness e a virulencia dentro dos peixes e do ser humano (25ºC e 37ºC, respectivamente). Revelamos que unha temperatura de 25ºC activa o perfil virulento de P. damselae subsp. damselae, mentres que 37ºC supón unha condición de estrés. Na segunda parte, o obxectivo foi desentrañar a rede xenética baixo o control do Sistema de Dous Compoñentes (TCS) RstAB, un importante regulador de virulencia descuberto recentemente. Adicionalmente, revelamos a existencia dunha cápsula polisacarídica descoñecida ata o momento, cuxa expresión é RstAB-dependente e xoga un papel esencial na virulencia e fitness dentro dos hospedeiros YR 2021 FD 2021 LK http://hdl.handle.net/10347/26990 UL http://hdl.handle.net/10347/26990 LA eng DS Minerva RD 2 may 2026