RT Dissertation/Thesis T1 Cara una televisión educativa centrada no desenvolvemento global do neno: o caso de Pocoyó A1 Quinteiro Otero, Esther A2 Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Comunicación. Departamento de Ciencias da Comunicación. Programa de Doutoramento Comunicación e Industrias creativas, K1 Televisión educativa K1 etapa de Educación Infantil K1 desenvolvemento global do neno K1 educación emocional K1 Pocoyó AB A televisión educativa deseña os seus espazos ao servizo da intencionalidade didáctica. Procura a aprendizaxe dos telespectadores, respectando especialmente os seus trazos e necesidades específicas cando se dirixe á audiencia infantil. O propósito desta investigación céntrase en analizar os contidos educativos orientados ao desenvolvemento global do neno no programa de televisión destinado á etapa de Educación Infantil Pocoyó. Na procura dese obxectivo, elabórase unha análise de contido dos 104 capítulos da serie que conforman a totalidade das tempadas I e II. Obtéñense así uns resultados que reflicten un deseño como mínimo medianamente orientado á finalidade didáctica no 100% dos episodios, destacando o 70,19% dos mesmos por estar moi orientados. Deste modo, os tres actos do capítulo configúranse para que exista unha relación estreita entre a trama e o contido educativo en tódolos episodios, sobresaíndo a intensificación do contido educativo, a indución á reflexión e as mensaxes educativas explícitas como os principais mecanismos de transmisión. Así mesmo, as tres áreas que agrupan os contidos educativos teñen unha prevalencia superior ao 99% dos capítulos. Desenvolven unha media de 46,28 ítems por episodio, dos que 31,11 pertencen á educación emocional, a área predominante da serie. En conclusión, Pocoyó constitúe un modelo de televisión educativa para os programas destinados ao público na etapa de Educación Infantil. YR 2015 FD 2015-04-20 LK http://hdl.handle.net/10347/13049 UL http://hdl.handle.net/10347/13049 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026