RT Book,_Whole T1 Codificación A1 Bouzada Gil, María Teresa AB A disciplina xurídica Fundamentos Históricos do Dereito atópase na Memoria de Grao da Facultade de Dereito da USC como unha materia troncal no primeiro cuadrimestre do primeiro curso, cunha asignación de seis créditos ECTS.Nesta materia abórdase a evolución do Dereito español, das súas fontes e das súas institucións, dende a chegada dos romanos á Península ata a actualidade. A vinda dos romanos supuxo un fito xurídico fundamental na nosa historia xurídica, ata o punto que se chegou a definir o Dereito español, quizás exaxeradamente pero de modo elocuente, como «o dereito romano evolucionado no peculiar ambiente hispánico»; tal é a súa transcendencia para a nosa historia xurídica. Non obstante, non só é o Dereito romano o sistema xurídico determinante para a formación do Dereito español: fundamentalmente o Dereito Canónico e, xa en moita menor medida, os Dereito Xermánico e Feudal, tamén deben ser tidos en conta na exposición dunha evolución da Historia do Dereito en España. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-540-9 YR 2010 FD 2010 LK http://hdl.handle.net/10347/33940 UL http://hdl.handle.net/10347/33940 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026