RT Book,_Section T1 Os estudos de lingua (e cultura) galega fóra de Galicia A1 Regueira Fernández, Xosé Luís K1 Galego (Lingua) K1 Gallego (Lengua) K1 Galician (Language) K1 Lingüística galega K1 Lingüística gallega K1 Linguistics Galician AB Os estudos de lingua e cultura galegas teñen un punto de xiro a fi nais da década de 1980 e nos primeiros anos da década seguinte. Ao longo do século xx a lingua e a cultura galegas foran empezando a ser estudadas nalgunhas universidades, sobre todo alemás, mais de maneira limitada á investigación levada a cabo por unhas poucas figuras illadas, deixando á parte a literatura medieval e facendo excepción de Krüger e dos seus discípulos da universidade de Hamburgo. A partir do final da ditadura, a situación sociolingüística do galego vai empezar a ser obxecto de atención, principalmente en universidades alemás tamén. A partir dos últimos anos da década de 1980 esténdese tamén a presenza da lingua galega, a través de cursos para alumnado estranxeiro e sobre todo grazas á creación dunha rede de centros de estudos galegos en diferentes universidades europeas e americanas. David Mackenzie, a quen lle dedicamos esta merecida homenaxe, tivo un papel moi relevante na extensión destes estudos no Reino Unido e en Irlanda. Nesta achega pretendo trazar un panorama da evolución dos estudos de lingua e cultura galegas no século xx e no comezo do xxi, para rematarmos cunha análise dalgúns dos logros e debilidades da situación actual. Aínda que aludirei a estudos de literatura e, sobre todo, de literatura medieval, centrareime nos estudos de lingüística, tanto pola miña propia especialización coma pola dificultade de manexar a gran cantidade de información existente nos últimos anos sobre estas áreas tan extensas, ademais de por limitacións de espazo PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-16183-96-8 YR 2015 FD 2015 LK http://hdl.handle.net/10347/13599 UL http://hdl.handle.net/10347/13599 LA glg NO Regueira Fernández, Xosé Luís (2015). Os estudos de lingua (e cultura) galega fóra de Galicia. En: "En memoria de tanto miragre. Estudos dedicados ó profesor David Mackenzie" (pp. 161-175). Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela DS Minerva RD 29 abr 2026