RT Book,_Whole T1 Decisións de prezos A1 Varela Neira, María Concepción AB Na actualidade, a Comercialización –tradución española do termoanglosaxón Marketing– está en todas partes. As persoas e as empresaslevan a cabo múltiples actuacións que poderían considerarse “comerciais”.De feito, o márketing é cada vez máis importante para lograr o éxitoempresarial. Isto débese a que se centra nas necesidades, desexos edemandas dos consumidores e na forma de satisfacelas de xeito rendible.As relacións co mercado constitúen unha peza clave na estratexiaempresarial para conseguir vendas e captar e manter clientes fieis. Avantaxe competitiva que consolida a posición dunha empresa nos seusmercados depende en gran medida do coñecemento dos mesmos, dacapacidade para comprender os comportamentos e desexos de compra dosclientes e da habilidade para desenvolver un márketing-mix que respondana tales expectativas.A materia “Fundamentos de Comercialización” presenta os contidosbásicos de formación na materia de márketing para todo graduado enAdministración e Dirección de Empresas. O seu obxectivo é mellorar acomprensión dos fenómenos comerciais por parte do alumnado e axudarllea tomar decisións. Por iso, na materia resáltase o papel fundamental quepara as empresas supón asumir a orientación ao mercado, coñecer omercado e o comportamento do comprador, e desenvolver decisións eaccións de márketing adecuadas para lograr captar e fidelizar aos clientes. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-559-1 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33986 UL http://hdl.handle.net/10347/33986 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026