RT Generic T1 Retrato dunha Galiza en tránsito A1 Casanova Martínez, Emma AB As fondas transformacións socioeconómicas acaecidas en Galiza no último medio século mudaron radicalmente o perfil económico, demográfico, laboral e social do territorio. En pouco máis de trinta anos, Galiza pasou de ser unha economía eminentemente agraria e rural a ser unha economía máis moderna, dinámica, conectada e mellor posicionada. Con todo, tamén se presenta como unha sociedade máis vella, máis concentrada xeograficamente e con profundos retos aos que debe facer fronte. A repoboación do rural, a cohesión territorial, a transición tecnolóxica, a equidade na distribución da riqueza e o investimento sostido en innovación constitúen algúns dos desafíos clave do futuro. Sobre este contexto versa a dinámica do presente estudo, que ten como obxectivo principal ofrecer, a través da análise descritiva de datos estatísticos e da revisión de diversos estudos académicos, unha visión integral que permita comprender non só as dinámicas económicas e sociais, senón tamén as interrelacións entre ambas e o seu impacto no desenvolvemento endóxeno de Galiza YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/44002 UL https://hdl.handle.net/10347/44002 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026