RT Book,_Whole T1 Dixestivo de ruminantes: patoloxía dixestiva en lactantes A1 Miranda Castañón, Marta Inés A1 Rigueira Rey, Lucas K1 Clínica Médica Veterinaria II K1 Grao en Veterinaria AB Esta unidade didáctica denominada «Dixestivo de ruminantes: patoloxíadixestiva en lactantes» forma parte da materia «Clínica Médica VeterinariaII» que se imparte no primeiro semestre do 5º curso do Grao en Veterinaria.Nesta materia estúdanse as patoloxías cardio-respiratorias e dixestivas dosanimais domésticos. Nunha primeira parte abórdanse as patoloxíascardíacas, posteriormente as respiratorias e as patoloxías dixestivastrátanse por especies. Dentro destas, estúdanse en primeiro lugar aspatoloxías dixestivas dos pequenos animais (can e gato), posteriormenteabórdanse dun xeito xeral as patoloxías das glándulas anexas, fígado epáncreas. A continuación estúdanse as patoloxías dixestivas dosruminantes, nas que se encadra a presente unidade didáctica e nas queimos diferenciar: patoloxías do rume, do abomaso e de lactantes. Remata obloque co estudo das patoloxías dixestivas dos équidos. Esta materia tencarácter obrigatorio e está vinculada a área de coñecemento de CienciasClínicas Veterinarias.Xustificación da unidade didáctica no contexto da materia e datitulación, requisitos previos e duraciónUnha das competencias disciplinarias dos profesionais veterinarios é aactividade clínica e esta materia é fundamental para o desenvolvemento dadevandita actividade, e máis concretamente, esta unidade didáctica éfundamental para a clínica do gando vacún.Esta materia sitúase ao final do bloque formativo das cienciasclínicas, e nela sintetízanse e recupéranse os coñecementos previamenteadquiridos mediante o estudo de cada enfermidade en particular e polaaplicación de numerosos conceptos doutras materias previamentecursadas. É por isto fundamental ter coñecementos previos de anatomía,fisioloxía, fisiopatoloxía, propedéutica clínica, nutrición, farmacoloxía eterapéutica e enfermidades infecciosas e parasitarias. O igual que noutrasmaterias será moi útil ter coñecementos de inglés e informática.Os contidos desta unidade didáctica serán impartidos en cincohoras: dúas de docencia teórica e tres de prácticas clínicas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-898-1 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/23164 UL http://hdl.handle.net/10347/23164 LA glg NO Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Clínica Médica Veterinaria II NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026