RT Book,_Whole T1 A comunicación externa nas organizacións A1 Túñez López, Miguel AB As organizacións funcionan interactuando en sistemas sociais que se comportan como entidades vivas, complexas e cambiantes. Por iso deben ser analizadas desde perspectivas multidisciplinares para conseguir intervencións que transcendan do ámbito de cada ciencia e eviten análises illadas porque, como apunta a Teoría Xeral de Sistemas1, toda organización está inmersa nun sistema holístico, é dicir, nunha contorna na que non pode planificar e actuar completamente illada do sistema social, económico e medioambiental no que funciona.En si mesmas, as organizacións son un sistema composto por subsistemas (departamentos, por exemplo) interrelacionados entre si e, a un tempo, son parte do sistema global que configura o contorno no que se moven. É dicir, como sistemas que son, as organizacións están formadas pola interacción interna dos seus membros e inmersas, como subsistema, noutro sistema de interacción cos seus stakeholders e as outras organizacións. Desde a perspectiva holística ou sistémica, non hai unha identificación cun modelo concreto de comunicación senón que esta se considera unha rede de interaccións comunicativas con fluxos e contidos que dependen das relacións que se manteñan nese entorno e do modelo concreto de organización de que se trate. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-883-7 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/34001 UL http://hdl.handle.net/10347/34001 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026