RT Book,_Whole T1 Árbores senlleiras nos Camiños de Santiago en Galicia A1 Bernárdez Villegas, José Gaspar A1 Rigueiro Rodríguez, Antonio A1 Ojea Martínez de la Escalera, Beatriz K1 Arbores senlleiras K1 Camiño de Santiago K1 Galicia K1 Flora de Galicia AB O Camiño de Santiago é un itinerario milenario que conduce dende todos os puntos de Europa e da Península Ibérica cara ao lugar onde están soterrados os restos do apóstolo Santiago O Maior. O descubrimento do sepulcro no noroeste peninsular é a orixe da peregrinación que, dende a Idade Media ata os nosos días, guiou milleiros de fieis cara o Lucus Sanctus. No ano 711 prodúcese a entrada dos musulmáns na Península Ibérica polo sur, que chegan aos territorios do norte en escasamente dous anos. Os asentamentos musulmáns foron máis estables no sur, onde se creou o Califato de Córdoba. No orte non houbo conquista pero si multitude de incursións bélicas. Será entón un pequeno reino cristián do norte o xerme da expansión dos territorios cristiáns ata o século XV, fin do último reino musulmán na Península.Esta era a situación socio-política no tempo do descubrimento do sepulcro apostólico, que nos dá unha idea da importancia deste fito e o que supuxo para os reinos cristiáns na loita contra os exércitos musulmáns. A figura do apóstolo tomaríase como símbolo para loitar contra as tropas musulmás, o que fixo que moitos cristiáns de alén dos Pirineos decidisen axudar na loita contra os «infieis». PB Asociación Científica Horreum SN 978-84-939661-3-3 YR 2023 FD 2023 LK https://hdl.handle.net/10347/41836 UL https://hdl.handle.net/10347/41836 LA glg NO Bernárdez Villegas, J. Gaspar; Rigueiro Rodríguez, Antonio, Ojea Martínez de la Escalera, Beatriz. (2023). Árbores senlleiras nos Camiños de Santiago en Galicia. Asociación Científica Horreum. ISBN 978-84-939661-3-3 NO Esta obra foi editada pola Asociación Científica Horreum coa colaboración do GI-1934-TB - IBADER - USC (Lugo) DS Minerva RD 28 abr 2026