RT Book,_Whole T1 Tratamento dos datos analíticos A1 Yebra Biurrun, María del Carmen K1 Erros experimentais K1 Errores experimentales K1 Erros groseiros ou accidentais K1 Errores gruesos o accidentales K1 Erros aleatorios, indeterminados ou ao azar K1 Errores aleatorios, indeterminados o al azar K1 Erros sistemáticos ou determinados K1 Repetibilidade K1 Repetibilidad K1 Reproducibilidade K1 Reproducibilidad K1 Curva de Gauss K1 Gráfico de Cusum K1 Gráfico de Shewhart K1 Test Q de Dixon K1 Test t de Student K1 Química Analítica II K1 Licenciatura en Química AB Esta unidade didáctica é a primeira toma de contacto do alumnado co estudo do tratamento dos datos analíticos e a comprobación da súa calidade.Este estudo poderase completar máis adiante dentro do programa desta materia cando se presente o resto dos parámetros de calidade dos métodos analíticos. A importancia deste tema radica en que unha vez obtidos os datos analíticos, o primeiro aspecto que se ten que considerar é a verificación da calidade dos mesmos en termos de exactitude e precisión. A presenza ineludible de erros aleatorios impón o concepto de variabilidade dos datos, e obriga ó tratamento estatístico dos resultados co fin de estimar a fiabilidadee a robustez do método analítico. Ademais, a análise non se pode considerar finalizada ata que os datos obtidos non sexan procesados e expresados de maneira que poidan extraer toda a información que se require para a resolución do problema analítico.Como a unidade didáctica anterior está dedicada a proporcionar unha visión global da Química Analítica centrada sobre o esquema do proceso analítico,a orde lóxica das seguintes unidades didácticas debería basearse na disposición cronolóxica das súas distintas etapas. Porén, esta unidade, que en realidade debería ser impartida ao final do programa, por ser o tratamento de datos unha das últimas etapas do proceso analítico, sitúase ao principio.A ruptura desta orde lóxica débese a un criterio práctico compartido pola xeneralidade dos docentes que imparten esta materia na nosa universidade e noutras, tanto españolas coma estranxeiras. Por exemplo, non é doado explicar a varianza asociada ó proceso de mostraxe (unidade didáctica III) se previamente non se introduce o concepto de erro, os tipos de erros e os parámetros estatísticos que se poden utilizar para avalialos. Do mesmo xeito, cando se define límite de detección e de cuantificación dun método analítico (unidade didáctica IV) será necesario explicar previamente os erros asociados á incerteza dunha determinación analítica. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9750-936-7 YR 2008 FD 2008 LK http://hdl.handle.net/10347/10051 UL http://hdl.handle.net/10347/10051 LA glg NO Titulación: Licenciatura en Química -- Materia: Química Analítica II NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 17 abr 2026