RT Dissertation/Thesis T1 O modelo cooperativo como organización que favorece a participación das mulleres na xestión empresarial e no empredemento A1 Olveira Blanco, Ana K1 Cooperativas K1 Emprendemento K1 Mulleres K1 Políticas públicas K1 Economía social AB Esta investigación ten como obxecto abordar dous ámbitos de estudo: (1) o marco da Economía Social (ES) como obxecto das políticas públicas, e (2) a análise do emprendemento cooperativo como catalizador da igualdade de xénero. Esta dualidade de enfoque permite facer contribucións teóricas e prácticas en ambos eixos, ademais de axudar a comprobar empiricamente algúns plantexamentos teóricos previos. No primeiro bloque mostra como resultado que Galicia conta cun ecosistema propio de políticas públicas para fomento e apoio da ES formado por tres eixos: legal, social e orzamentario. Entre os instrumentos existentes destaca a Rede Eusumo pola súa lonxevidade e polo seu impacto no territorio, na poboación e no propio ecosistema de ES. A análise realizada revela igualmente unha serie de propostas que poden contribuír á súa mellora. No eido do emprendemento cooperativo, identifícanse os factores de motivación que levan ás persoas a achegarse a esta fórmula societaria. Estes, froito da análise exploratoria, agrúpanse en catro constructos que posteriormente son modelados dando como resultado a importancia dos principios cooperativos e a adecuación destes ás preferencias individuais como motores para o emprendemento colectivo e a creación de PEMES. Esta relación conta con unha maior intensidade no caso das mulleres YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/28958 UL http://hdl.handle.net/10347/28958 LA glg DS Minerva RD 3 may 2026