RT Generic T1 Disidencia, sexualidade e xénero na narrativa galega contemporánea: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez e Nee Barros T2 Disidencia, sexualidad y género en la narrativa galega contemporánea: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez y Nee Barros T2 Dissidence, sexuality and gender in contemporary Galician narrative: María Xosé Queizán, Teresa Moure, María Reimóndez and Nee Barros A1 Rodríguez Valcárcel, María K1 Disidencia sexual K1 Disidencia de xénero K1 Narrativa galega K1 María Xosé Queizán K1 Teresa Moure K1 María Reimóndez K1 Nee Barros K1 Amantia K1 Herba Moura K1 Pirata K1 Nom estamos quebrades K1 Crítica feminista AB O presente traballo de investigaciónten como finalidade analizar as representacións da disidencia sexual e de xénero nunha escolma de obras narrativas da literatura galega, publicadas dende os anos oitenta ata os nosos días. O corpus do estudo está constituído polas obras Amantia, de María Xosé Queizán, Herba Moura, de Teresa Moure, Pirata, de María Reimondez e Nom estamos quebrades, de Nee Barros. A través dunha análise crítica e comparativa, abordaranse personaxes, discursos e conflitos (entre outras cuestións) que configuran as diversas representacións das ditas disidencias nestas novelas. Deste xeito, exploranse temas como a homosexualidade, a subversión de roles de xénero, a bisexualidade ou a ruptura co binarismo de xénero, entre outros. Ademais, atenderase sempre ao contexto sociocultural e histórico no que estas obras están inseridas, a fin de comprender as interseccións entre a producción literaria e as dinámicas sociais que atravesan as cuestións da identidade, a sexualidade e o xénero. Esta análise desenvolverase a través dun enfoque interdisciplinar, integrado as achegas da crítica literaria feminista e queer, así como tamén dos estudos de xénero. Desta maneira, a investigación procurará evidenciar a relevancia de obras destas características para a configuración dun imaxinario plural e inclusivo na literatura galega. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/44603 UL https://hdl.handle.net/10347/44603 LA glg NO Traballo de Fin de Grao en Lingua e Literatura Galegas. Curso 2024-2025 DS Minerva RD 24 abr 2026