RT Book,_Whole T1 A linguaxe como un medio de comunicación A1 Domínguez Pena, Manuela Susana AB Esta materia impártese no 3º curso da Diplomatura de Mestre en Lingua Estranxeira, e a pesar de non ter uns requisitos normativos escritos para poder cursala, ó impartirse en lingua inglesa, é recomendable posuír un nivel de inglés oral e escrito equivalente a un upper-intermediate. A materia de Didáctica da Lingua Inglesa, no que se refire ó aspecto lingüístico, forma parte dun bloque formativo dentro da Diplomatura de Lingua Estranxeira que está en relación directa coas materias de Lingua Inglesa, ofertadas en 1º, 2º e 3º curso da Diplomatura. Por outra parte, a materia de Didáctica da Lingua Inglesa tamén forma parte das chamadas didácticas específicas, e a súa relación directa coas materias de Didáctica da Educación Musical e de Novas Tecnoloxías, derivada da aplicación que estas materias poden ter no ensino da Lingua Inglesa, confírelle una función integradora ó favorecer, deste xeito, a interdisciplinariedade. A Didáctica da Lingua Inglesa está pensada para que achegue unha maior competencia comunicativa, ademais dun manexo máis efectivo na aula, para que o alumnado poida facer fronte ás diferentes propostas metodolóxicas que terán lugar nas aulas das escolas nas que se desenvolverán as prácticas escolares, en primeiro lugar, e como profesionais, máis tarde. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-560-7 YR 2011 FD 2011 LK http://hdl.handle.net/10347/33991 UL http://hdl.handle.net/10347/33991 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 9 jun 2026