RT Book,_Whole T1 Os órganos xurisdicionais: os órganos xudiciais e o Tribunal Constitucional A1 Sande Mayo, María Jesús K1 Potestade xurisdicional K1 Potestad jurisdiccional K1 Órganos xurisdicionais K1 Órganos jurisdiccionales K1 Xulgados K1 Juzgados K1 Órganos unipersoais K1 Órganos unipersonales K1 Tribunais K1 Tribunales K1 Órganos colexiados K1 Órganos colegiados K1 Función procesual K1 Función procesal K1 Partidos xudiciais K1 Partidos judiciales K1 Tribunal do Xurado K1 Tribunal del Jurado K1 Salas K1 Seccións K1 Secciones K1 Organización Xudicial e Proceso K1 Grao en Dereito AB A Unidade didáctica á que agora nos debemos enmárcase no segundo bloque da materia “Organización xudicial e proceso” dirixida ás e aos alumnos do terceiro curso do Grao en Dereito. Esta materia ten a vocación de introducir ao alumnado na complexa rama xurídica do Dereito Procesual, que con maior profundidade e especialización será obxecto de abordaxe no marco de outras dúas materias impartidas no Grao en Dereito: Dereito Procesual Civil e Dereito Procesual Penal. Así ben, a comprensión e manexo solvente de todos e cada un dos contidos que abrangue é esencial para que o estudantado adquira unha perspectiva sólida e coherente sobre esta rama de coñecemento. A este respecto, cómpre ter presente que o Dereito Procesual constitúe unha das claves de arco do Grao en Dereito. A súa utilidade práctica, ademais do seu carácter transversal, fan dela unha disciplina protagonista en tanto que imprescindible, primeiro, para a comprensión do funcionamento do Dereito e, despois, para a aplicación práctica do mesmo. Pois ben, como parte fundamental dentro do estudo do Dereito Procesual, ademais das cuestións referidas ao proceso strictu sensu, da acción (e/ou da pretensión), destaca, polo que a nós agora atinxe, ademais de todo o relativo ao persoal xudicial, o estudo da xurisdición e, neste senso, da organización xudicial. Cando falamos da función xurisdicional estamos a referírmonos á potestade dimanante da soberanía do Estado, exercida exclusivamente polos Xulgados e Tribunais -integrados por xuíces e maxistrados independentes-, que consiste na realización do Dereito no caso concreto, executando e facendo executar o Xulgado (art. 117 CE). A este respecto, na presente unidade didáctica incidiremos, por un lado, no estudo dos criterios de creación dos distintos órganos titulares da potestade xurisdicional, isto é, os inseridos no Poder xudicial e o Tribunal Constitucional. Doutra banda, deterémonos na análise das súas específicas atribucións. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-59-5 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10494 UL http://hdl.handle.net/10347/10494 LA glg NO Titulación: Grao en Dereito -- Materia: Organización Xudicial e Proceso NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026