RT Book,_Whole T1 Análise e síntese de circuítos lóxicos combinacionais A1 Rodríguez Martínez, Diego AB A Unidade Didáctica 3 titulada «Análise e síntese de circuítos lóxicoscombinacionais» enmárcase dentro dos contidos relativos á materia deSistemas Dixitais, de 6 créditos ECTS impartida no primeiro semestre doprimeiro curso do Grao en Enxeñaría Informática. Esta é unha materia conmarcado carácter introdutorio para a titulación xa que é a primeira materiada área de Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores que cursa oalumnado. O obxectivo básico desta materia é que os alumnos adquiran oscoñecementos básicos e as habilidades de deseño precisas para estudaroutras disciplinas relacionadas con esta área. Ó mesmo tempo, proporcionaunha introdución ó estudo dos sistemas de procesamento dixital.Esta Unidade Didáctica (en adiante, UD) presenta os elementosbásicos e as ferramentas matemáticas para poder construír e analizar uncircuíto combinacional que realice unha función lóxica. O único requisitoprevio da UD é ter un dominio básico do sistema binario de representaciónnumérica de números enteiros, que foi presentado en Unidades Didácticasprecedentes. Os contidos da UD son fundamentais para o estudo dosmódulos combinacionais e dos sistemas secuenciais, que serán abordadosen posteriores Unidades Didácticas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-903-2 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/34006 UL http://hdl.handle.net/10347/34006 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 29 abr 2026