RT Conference_Proceedings T1 Relatoría da xornada “A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional" A1 Aitlaarabi, Rabab A1 Formoso, Olga A1 Chahir, Manal A1 Cabanas, Paula K1 Relatoría K1 Conflito K1 Palestina K1 Israel AB O venres 22 de novembro celebrouse na Facultade de Dereito, no Salón de Graos, a charla titulada "A cuestión palestina: unha mirada dende o Dereito Internacional". Este evento reuniu a destacados expertos en Dereito Internacional e Relacións Internacionais para abordar, dende distintas perspectivas, as complexidades do conflito palestino e as súas implicacións legais e humanitarias. Entre estes expertos figuraban Jesús Núñez Villaverde, codirector do Instituto de Estudos de Conflitos e Axuda Humanitaria. Julio Jorge Urbina, profesor titular de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da USC. Ana Salinas de Frías, catedrática de Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais da Universidade de Málaga.Organizado coa colaboración da Fundación Araguaney - Ponte de Culturas, o acto contou coa participación de figuras clave como o director da fundación, David Rodríguez Seoane, e o coordinador do máster en “Estudios Internacionales” da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Arenas Meza, quen deu comezo ás intervencións. YR 2024 FD 2024 LK https://hdl.handle.net/10347/37977 UL https://hdl.handle.net/10347/37977 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026