RT Dissertation/Thesis T1 O teatro na Galiza urbana do século XVIII: funcionalidade e confluência com o campo do poder (Ferrol e Corunha: 1768-1806) A1 Montenegro Pico, Lucía María K1 Teatro K1 Século XVIII K1 Poder AB O teatro era unha práctica cultural e unha forma de sociabilidade central nas sociedades europeas setecentistas. A pesar da desatención que de modo xeral recibiu esta materia nas diferentes narrativas historiográficas, nas principais cidades galegas deste período tivo lugar unha instalación fluída de compañías itinerantes de comedia española e compañías italianas de ópera, que coincidiu coa fundación dos primeiros coliseos estables.O obxectivo deste estudo é reconstruír o volume e o tipo de actividade teatral que acolleron as cidades do Ferrol e da Coruña no período 1768-1806 e determinar o apoio que o teatro recibiu do campo do poder, dado que eran os concellos as institucións que asumiran as plenas competencias do goberno e da xestión teatral. Á luz disto, desvendamos as funcións políticas e simbólicas que o teatro desempeñou para os grupos sociais dominantes e para a lexitimación da soberanía das institucións de poder. YR 2019 FD 2019 LK http://hdl.handle.net/10347/20664 UL http://hdl.handle.net/10347/20664 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026