RT Generic T1 A relixión política e a súa utilización como instrumento do imperio romano: O culto de Xúpiter Optimo Máximo A1 Folgueira Ríos, Francisco K1 religión K1 Roma AB A relixión romana é política, é dicir, é unha relixión propia da comunidade, da sociedade que conforman os cidadáns e polo tanto no se pode desligar do Estado. Esa relixión social caracterízase polos seus ritos que son realizados publicamente e que son imprescindibles para manter a pax deorum. Sen ela os deuses negaríanse a ser os garantes do bo funcionamento da sociedade, así que o mantemento das tradicións é fundamental. Estes principios existiron dende a fundación de Roma, onde o monarca xa aparecía ligado a la relixión; será moi relevante durante a República e manterase durante o Imperio. Este traballo céntrase no estudo de Xúpiter Óptimo Máximo, deus supremo da triada capitolina, o que simboliza o poder, protección e conservación do Estado e vela por el. Xúpiter Óptimo Máximo é considerado o conservator e stator da propia Roma, o seu mantemento garante o do propio Estado e de forma contraria, a súa desaparición implicaría a da propia cidade. Tendo claro este símbolo, ca axuda dos textos de Tácito puidemos comprobar que durante o Imperio, a figura de Xúpiter Óptimo Máximo seguía representando ao Estado romano, o seu imperio e a expansión do mesmo. Pero ademais, o culto ao deus por parte dos soldados era un factor importantísimo para a romanización. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/10347/15850 UL http://hdl.handle.net/10347/15850 LA glg DS Minerva RD 17 abr 2026