RT Book,_Whole T1 A fenda dixital e as súas implicacións educativas T2 La brecha digital y sus implicaciones educativas A2 Cid Fernández, Xosé Manuel A2 Rodríguez Rodríguez, Jesús K1 Fenda dixital K1 Brecha digital AB O propósito fundamental dos organizadores do congreso foi o de provocar un debate ao redor das Tecnoloxías da Información e a Comunicación que tivera como principal fío condutor a problemática da Fenda Dixital. O certo é que logo dun tempo falando das TIC, comezan a xerarse numerosas cuestións, preguntas, problemas ao redor destes medios, moitos deles relacionados coa posible Fenda Dixital, nun tempo no que tamén se fala de incerteza. Durante moitos anos vivimos e por suposto seguimos vivindo uns momentos de ilusión e de interese por introducir as Tecnoloxías da Información e da Comunicación na aula. Pero tamén é certo que ultimamente, comezan a abrollar, novas preguntas e interrogantes, que nos preocupan e que se constituíron moitos deles en importantes guías a través das cales desenvolver o congreso. Contribúen as TICs a que sexamos máis iguais ou desiguais? Están os distintos centros, colectivos, etc., en igualdade de condicións para afrontala mesma "velocidade" que nos impoñen as TIC?, son tan diferentes os problemas que temos coas TIC na nosa escola dos que temos con outros medios?, que teñen que dicir os concellos nesta historia? Estas e outras cuestións foron obxecto de discusión ao longo deste congreso. PB Nova Escola Galega SN 978-84-611-6458-5 YR 2007 FD 2007 LK https://hdl.handle.net/10347/45992 UL https://hdl.handle.net/10347/45992 LA glg DS Minerva RD 27 may 2026