RT Book,_Whole T1 Hidrogramas A1 Valcárcel Armesto, Montserrat AB A presente Unidade Didáctica (en adiante UD) encádrase dentro do BloqueTemático I da materia Hidroloxía, onde se caracterizan os distintos procesosque determinan a hidroloxía superficial. Para iso é preciso coñecer e definiro ciclo hidrolóxico e os procesos do escoamento superficial (UD II, III e IV),ademais de coñecer a importancia da unidade de traballo en hidroloxía: aconca hidrolóxica e ser capaces de delimitala.O hidrograma ten unha importancia capital na hidroloxía xa que é arepresentación do caudal de saída dunha conca en función do tempo, polotanto, é o produto final do ciclo hidrolóxico. O caudal de saída nunha concaé a única variable que se pode cuantificar, como produto final, e serve debase para poder facer o estudo dos recursos hídricos dunha concahidrolóxica.O hidrograma é polo tanto o resultado da relación chuvia –escoamento nunha conca e isto é produto das condicións meteorolóxicas,fisiográficas e de usos do solo. Nestas condicións os hidrólogos só podenactuar sobre os usos do solo, onde se pode influír de maneira significativa,xa que unha conca onde temos harmonicamente distribuídos os usos dosolo, principalmente cunha boa cuberta vexetal, terá un mellorcomportamento hidrolóxico no caso de situacións excepcionais deprecipitacións.Esta unidade didáctica está deseñada para ser desenvolvida en 10horas (5 sesións de clases teóricas, 2 de seminarios, e unha práctica delaboratorio de 3 horas). PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-983-4 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34038 UL http://hdl.handle.net/10347/34038 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026