RT Dissertation/Thesis T1 As macroalgas como ferramentas de control ambiental: da escala rexional ao cambio global A1 Pacín Salvador, María do Carme K1 Algas K1 Biomonitorización K1 Contaminación mariña K1 Tendencias temporais AB As algas pardas, en particular as do xénero Fucus, desempeñan funcións ecolóxicas clave nos ecosistemas costeiros temperados, como a produción primaria ou a creación de hábitats estruturais. Porén, a súa capacidade para acumular elementos potencialmente tóxicos pode alterar a súa fisioloxía e facilitar a transferencia de contaminantes a través da cadea trófica. Esta propiedade motivou o seu uso como biomonitores, aínda que con limitacións, na avaliación ambiental mariña. A pesar da redución dalgunhas emisións industriais grazas a políticas máis estritas, o actual escenario de contaminación costeira segue marcado por presións derivadas da elevada pegada ecolóxica humana, a aparición de contaminantes emerxentes, como as nanopartículas metálicas, e os efectos do cambio global sobre parámetros ambientais que afectan á mobilidade e biodispoñibilidade dos metais. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/43087 UL https://hdl.handle.net/10347/43087 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026