RT Book,_Whole T1 Hidrostática A1 López Moreira, Iván A1 Carballo Sánchez, Rodrigo A1 Castro Ponte, Alberte AB Esta unidade didáctica forma parte da materia Hidráulica I do segundo cursodo Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a sentar as bases da enxeñaríahidráulica. Dita materia ten unha carga de 6 créditos ECTS e impártese noprimeiro semestre. De entrada non existe ningún prerrequisito legal parapoder cursar esta materia. Non obstante, considérase recomendable tercursado previamente, e superado con éxito, Matemáticas I, II e III e Física Ie II, por proporcionar unha base axeitada para a correcta comprensión damateria.Na primeira unidade da materia (UD1), preséntanse os conceptosbásicos relacionados coa mecánica de fluídos, desde o seu obxecto ata assúas aplicacións, para rematar co estudo das propiedades dos fluídos. Acontinuación, na presente unidade didáctica (UD2), estúdanse os conceptosfundamentais da hidrostática. Esta unidade céntrase no estudo dadistribución de presións nun fluído estático e nos seus efectos sobre unasuperficie sólida, así como sobre corpos flotantes e somerxidos. Osseguintes dous temas dedícanse ao estudo dos fluídos en movemento. Enprimeiro lugar, preséntanse os aspectos relacionados co movemento dosfluídos desde un punto de vista descritivo (UD3), é dicir, sen atender ascausas que o provocan. Na seguinte unidade (UD4) explícanse as causasque orixinan dito movemento, describindo as tres ecuacións fundamentaisda mecánica de fluídos: a ecuación de continuidade, a ecuación dacantidade de movemento e a ecuación da conservación da enerxía.Finalmente, na derradeira unidade da materia (UD5), expóñense osconceptos básicos da análise dimensional, impartindo nocións básicas demodelización física.A presente unidade didáctica ten asignadas seis horas de clase decarácter expositivo nas que se desenvolverán os seus contidos; e novehoras de seminario interactivo onde se realizarán exercicios. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-994-0 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34033 UL http://hdl.handle.net/10347/34033 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026