RT Book,_Whole T1 Trazado de estradas A1 Castro Ponte, Alberte K1 Velocidade específica dun elemento de trazado (Ve) K1 Velocidad específica de un elemento de trazado (Ve) K1 Velocidade de proxecto dun treito (Vp) K1 Velocidad de proyecto de un tramo (Vp) K1 Velocidade de planeamento dun treito (VP) K1 Velocidad de planeamiento de un tramo (VP) K1 Distancia de parada (Dp) K1 Coeficiente de rozamento lonxitudinal K1 Coeficiente de rozamiento longitudinal K1 Distancia de adiantamento (Da) K1 Distancia de adelantamiento K1 Clotoide K1 Beiravía K1 Arcén K1 Beirarrúa K1 Acera K1 Berma K1 Plataforma K1 Inclinación da rasante (i) K1 Inclinación de la rasante (i) K1 Grao en Enxeñaría Civil K1 Deseño e Construción de Obras Lineais AB Esta unidade didáctica forma parte do primeiro módulo da programación da materia “Deseño e Construción de Obras Lineais” do segundo curso do Grao en Enxeñaría Civil, que se dedica a senta-las bases da enxeñaría de estradas.No primeiro tema do módulo (UD1) preséntanse os conceptos básicos relacionados co tráfico por estrada, necesarios para poder abordalo deseño xeométrico, a construción e a conservación dunha estrada.A continuación, na presente unidade didáctica (UD2) estúdanse os conceptos fundamentais, as bases teóricas e os condicionantes normativos do deseño xeométrico ou trazado dunha estrada. Analízanse, unha por unha, as diversas fases do proceso de deseño: trazado en planta, trazado en alzado e sección transversal.Os seguintes dous temas dedícanse ao estudo da infraestrutura dunha estrada. En primeiro lugar, preséntanse os aspectos máis importantes relacionados coas obras de explanacións (UD3) e ,en segundo lugar, explícanse os fundamentos do deseño e construción das outras grandes obras de infraestrutura, as obras de drenaxe (UD4).O módulo péchase cun tema no que se aborda a problemática do deseño, construción e conservación dos firmes (UD5), que constitúen a superestrutura dunha estrada.No segundo módulo da materia estúdase o deseño, construción e conservación doutra tipoloxía de obra lineal, os ferrocarrís. Estas dúas tipoloxías, estradas e ferrocarrís, teñen moitas cousas en común, polo que unha gran cantidade dos contidos traballados no primeiro módulo serán de gran utilidade, senón directamente mediante certas adaptacións, na segunda parte da materia.Esta unidade didáctica é a que ten unha maior dedicación xa que nela trátanse contidos fundamentais e exclusivos da materia.Ademais de aos alumnos de 2º curso do Grao en Enxeñaría Civil, os contidos presentados poden serlle de utilidade a outros docentes ou profesionais do sector que desenvolvan a súa actividade no ámbito do deseño, construción ou conservación destas tipoloxías de infraestrutura do transporte. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-894-3 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/11402 UL http://hdl.handle.net/10347/11402 LA glg NO Titulación: Grao en Enxeñaría Civil -- Materia: Deseño e Construción de Obras Lineais NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 28 abr 2026