RT Generic T1 Aplicacións da ecografía no período xestacional da vaca A1 Botana Puñal, Candela K1 Ultrasonografía K1 Xenital K1 Reprodución K1 Xestación K1 Bovino AB A ecografía é unha técnica diagnóstica baseada na creación de imaxes mediante a propagación de ultrasóns a través dos tecidos, que se introduciu na medicina veterinaria como método de diagnóstico na década dos 80. Dentro da mesma, un dos campos onde a ultrasonografía ten unha maior presenza é a reprodución animal, ámbito no que actualmente se consolidou como a modalidade de diagnóstico por imaxe por excelencia en animais de renta e de compañía. No caso do gando vacún, a ecografía representa unha ferramenta moi útil para a mellora da eficiencia e a xestión reprodutiva das explotacións, sobre todo en rabaños leiteiros. Esta técnica de imaxe permitiu o estudo e comprensión do ciclo estral grazas á posibilidade de visualizar os ovarios e as súas respectivas estruturas, así como facilitou o seguimento e avaliación do proceso de xestación. Respecto a esta, a ultrasonografía conseguiu ser un procedemento minimamente invasivo co que poder realizar diagnósticos fiables e precoces de preñez, ademais de detectar posibles perdas ou anomalías na mesma. Dita técnica permitiu tamén o estudo e a determinación da idade e o sexo fetal, unha práctica que hoxe en día moitos gandeiros demandan polos beneficios comerciais que supón o coñecemento do futuro sexo da cría. Así mesmo, a ecografía reprodutiva posibilitou a identificación de xestacións múltiples, importantes por supor unha situación desfavorable para as explotacións gandeiras. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/30396 UL http://hdl.handle.net/10347/30396 LA glg NO Traballo Fin de Grao En Veterinaria. Curso 2021-2022 DS Minerva RD 24 abr 2026