RT Generic T1 Aplicación das principais técnicas de análise input-output a diferentes economías : estudo dos coeficientes importantes, da estrutura sectorial e do seu cambio A1 Andión Mosquera, Álvaro AB Un dos métodos de análise económica máis útiles para comprender a estrutura produtiva dun país nun ano determinado é o marco input-output, que describe, por medio de matrices, as transaccións produtivas que teñen lugar entre os distintos sectores de actividade. Con base en técnicas de álxebra matricial, este modelo permite o cálculo de diversos indicadores, que resumen as características e evolución temporal das diferentes industrias da economía considerada.O presente traballo trata de facer unha aproximación teórica ás principais ferramentas de análise que ofrece o modelo insumo-produto, así como unha aplicación práctica das mesmas ás táboas input-output dunha serie de países ao longo do tempo.Distinguimos neste documento tres estudos clave: a identificación dos coeficientes máis importantes da matriz técnica, a determinación das características estruturais e a valoración do cambio estrutural ao longo do tempo. Máis concretamente, este traballo inclúe o cálculo e a interpretación dos coeficientes técnicos máis importantes, dos multiplicadores de Leontief e dos índices de Rasmussen (características estruturais), e do índice de Gini e de dúas medidas estatísticas máis xerais: a raíz estandarizada do erro cadrado medio e a desviación absoluta ponderada estándar (cambio estrutural).O obxectivo principal será extraer unha serie de conclusións lóxicas destes indicadores, como pode ser a comprobación da estabilidade das matrices nos anos, ou a clasificación de ramas de actividade segundo as súas características estruturais. YR 2024 FD 2024-06 LK https://hdl.handle.net/10347/37661 UL https://hdl.handle.net/10347/37661 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026