RT Dissertation/Thesis T1 Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984) A1 Blanco Rosas, Xesús K1 Radiodifusión K1 Xornalismo K1 Medios de Comunicación K1 Historia de Galicia K1 Galeguismo K1 Emigración K1 Arxentina K1 Historia de América AB Bos Aires foi o lugar de cerne e principal foco de desenvolvemento da radiodifusión galega no exterior, un fenómeno comunicativo que se estendería posteriormente aos principais países de asentamento da colectividade en Europa e América. Dadas as súas dimensións e características este movemento radiofónico ofrece moitos puntos de interese para o seu análise, pois ao liderado cuantitativo das audicións galegas engádese a alta calidade acadada por gran parte destas experiencias, sobre todo por aquelas que contaron na súa realización coa participación directa dos principais intelectuais, escritores e artistas da diáspora galega. Alí xurdiron títulos tan emblemáticos como Recordando a Galicia, de Maruxa Boga, La Voz de Galicia, de Fernando Iglesias ‘Tacholas’ ou Galicia Emigrante, do exiliado Luís Seoane, que constitúen a día de hoxe un referente indispensable na historia do xornalismo galego. Porén ata hai poucos anos a existencia destes espazos pasaba case desapercibida para a comunidade académica e era ignorada a pola xeneralidade dos galegos, sendo os emigrantes de alén mar os únicos en recordalas. A Tese de Doutoramento Historia da radiodifusión galega en Arxentina (1930-1984) acometeuse coa finalidade de encher ese baleiro, dando a coñecer unha das máis singulares experiencias comunicativas da diáspora galega. O proceso analízase no seu período histórico, que abrangue desde a aparición dos primeiros microespazos en 1930 ata o peche da última das cabeceiras históricas da galeguidade, Recordando a Galicia, en 1984. Neste percorrido estableceuse por vez primeira un seguimento por etapas das diferentes audicións, atendendo tamén aos ciclos xeracionais nos que se inscriben as persoas que as promoveron no eido da galeguidade, e á interacción destes espazos coa sociedade do seu tempo. Como base das investigacións utilizouse un amplo e variado repertorio de fontes, obtendo como resultado unha ampla e exhaustiva listaxe de referencias sobre a radiodifusión galega, que se organizou en base a tres niveis de agrupamento: contidos dos programas recollidos en gravacións, textos radiofónicos e nas transcricións deses materiais en diversos soportes; unha ampla miscelánea de referencias testemuñais proporcionadas polos protagonistas destas actividades e por persoeiros que as coñeceron de cerca, e unha nutrida bibliografía sobre os medios comunicación e a emigración galega. Este estudo quere contribuír ademais ao asentamento dun modelo para as investigacións sobre os medios galegos no exterior que vaia máis aló das referencias de carácter enciclopédico, os repertorios e as compilacións de fontes, para promover estudos académicos amplos. YR 2014 FD 2014 LK http://hdl.handle.net/10347/15007 UL http://hdl.handle.net/10347/15007 LA glg DS Minerva RD 1 may 2026