RT Dissertation/Thesis T1 Á marxe da lei. A delincuencia común en Lugo durante o franquismo (1945-1966) A1 López Fernández, Tamara K1 franquismo K1 delincuencia común K1 vida cotiá K1 administración xudicial K1 Lugo AB Esta tese de doutoramento proxéctase como un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo no contexto da ditadura franquista, de 1945 a 1966, anos que marcan o período de consolidación por excelencia do réxime. A investigación pretende achegarse ao universo delituoso a través da integración de múltiples perspectivas metodolóxicas e analíticas, entre outras: a historia local, o xiro espacial, a da microhistoria e a da historia cotiá, aquelas que entendemos permiten examinar con maior grao de detalle as vidas das clases subalternas. Mediante a revisión pormenorizada de documentación xudicial, depositada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo e na Audiencia Provincial de Lugo, daremos conta das características da delincuencia, ofrecendo tipoloxías, tendencias e perfís. YR 2023 FD 2023 LK http://hdl.handle.net/10347/30036 UL http://hdl.handle.net/10347/30036 LA glg DS Minerva RD 29 abr 2026