RT Dissertation/Thesis T1 Rafael Dieste e a xeometría. Argumentos para unha concepción filosófica do espazo como índice de realidade A1 Díaz Díaz, Xosé K1 Dieste K1 Xeometría K1 Espazo K1 Tempo K1 Movemento AB Rafael Dieste publicou en vida tres tratados sobre xeometría. As obras, tituladas Nuevo Tratado del Paralelismo (1956), ¿Qué es un axioma? Movilidad y semejanza (1967) e Testamento Geométrico (1975), constitúen a sección menos coñecida e estudada da produción diesteana. Os tres libros xiran en torno a un problema común: a cuestión da demostrabilidade do V Postulado de Euclides e, consecuentemente, a disxuntiva entre xeometrías euclidiana e non euclidianas como modelos lexítimos de verdade e representación. Á marxe dos aspectos estritamente xeométricos, ditas obras teñen especial relevancia polo seu alto rendemento filosófico, que axuda a abrir e comprender novas dimensións do autor. Máis alá dos contidos dedutivo-teoremáticos, a obra xeométrica de Dieste encobre un estudo sobre o estatuto ontolóxico e epistemolóxico de espazo, tempo e movemento. O obxectivo deste traballo non é outro que investigar as concepcións diesteanas de espazo, tempo e movemento, a súa competencia coa realidade e o lugar que ocupan nos procesos de coñecemento. YR 2013 FD 2013-03-12 LK http://hdl.handle.net/10347/7508 UL http://hdl.handle.net/10347/7508 LA glg DS Minerva RD 27 abr 2026