RT Generic T1 Proposta de prevención do acoso escolar na aula de Educación Infantil T2 Propuesta de prevención del acoso escolar en el aula de Educación Infantil T2 Prevention proposal of bullying in the early childhood education classroom A1 López Armesto, Aroa K1 Acoso escolar, Desenvolvemento, Educación Infantil, Prevención, Violencia AB O acoso escolar é unha realidade da nosa sociedade que afecta directamente á institución educativa. Este caracterízase por ter uns participantes concretos e diversas clasificacións sobre a súa tipoloxía, presentando certos factores causais e de risco que fomentan a súa aparición. Todas estas singularidades non distan daquelas que diferenciaban esta problemática na súa orixe, a finais do século XX, aínda que actualmente se focaliza a atención na súa prevención. O proceso preventivo é fundamental para frear esta cuestión centrándose, no caso do presente documento, nos diferentes axentes da comunidade educativa, concretamente nas familias, o corpo docente e as crianzas. Deste modo, preséntase unha proposta de prevención caracterizada polo seu aspecto lúdico que pretende aportar información sobre o bullying e ferramentas para combater as posibles situacións negativas. Por último, o traballo co alumnado enfócase cara a aprendizaxe da convivencia, a intelixencia emocional, a empatía e a valoración da diversidade como eixos para construír relacións sas e evitar a violencia. Con todo isto téntase avanzar cara a concienciación e sensibilización ante o tema, incentivando o aumento da participación da sociedade en programas deste tipo. YR 2022 FD 2022-06 LK https://hdl.handle.net/10347/37985 UL https://hdl.handle.net/10347/37985 LA glg NO Traballo de Fin de Grao Mestre de Educación Infantil DS Minerva RD 22 abr 2026