RT Generic T1 Principais normas de seguridade alimentaria para a exportación de conservas de peixe e produtos pesqueiros A1 Seráns Pérez, Manuela K1 Exportación K1 Seguridade alimentaria - Normativa K1 Conservas de peixe K1 Conservas de marisco AB Nos últimos anos, as empresas españolas de conservas de peixe e marisco en xeral, e as galegas en particular, aumentaron notablemente as súas exportacións a terceiros. Os grandes países importadores, como Estados Unidos, desenvolveron unha normativa de aplicación aos produtos importados cada vez máis esixente coa finalidade última de garantir a seguridade alimentaria. O presente Traballo de Fin de Máster pretende contribuír a ampliar o coñecemento sobre a normativa norteamericana en relación coa seguridade alimentaria e, polo tanto, os requisitos legais que deben cumprir as conservas de peixe e marisco para poder ser exportados a este país. Para isto, farase unha revisión bibliográfica dos sistemas de control alimentario e das axencias e organismos reguladores implicados, abordaranse tamén o estudo dos prerrequisitos e o sistema de Análise de Perigos e Puntos Críticos de Control, así como a importancia da súa correcta implantación e revisión continua. Por outro lado, tamén se describirán brevemente os sistemas de controis que se aplican ás conservas de peixe e mariscos. Por último, estudiaranse os requisitos establecidos pola Food & Drug Administration (FDA) para a exportación das conservas producidas en Real Conservera Española, S.L. a EE.UU., así como os trámites e as accións que debe realizar a empresa para cumprir axeitadamente a normativa estadounidense. YR 2021 FD 2021-06 LK http://hdl.handle.net/10347/30075 UL http://hdl.handle.net/10347/30075 LA glg NO Traballo Fin de Máster en Enxeñaría de Procesado de Alimentos. Curso 2020-2021 DS Minerva RD 29 abr 2026