RT Book,_Whole T1 Paisaxe sonora e espazo sonoro: construción e funcións expresivas A1 Redondo Neira, Fernando K1 Espazo sonoro K1 Espacio sonoro K1 Paisaxe sonora K1 Paisaje sonoro K1 Sons in K1 Sonidos in K1 Sons off K1 Sonidos off K1 Panoptismo K1 Son ambiental K1 Sonido ambiental K1 Voz through K1 Son On the air K1 Sonido On the air K1 Efecto de encabalgamento ou overlapping K1 Efecto bastidores K1 Acusmaser K1 Ser acusmático K1 Desacusmatización K1 Expresión Sonora e Visual K1 Grao en Comunicación Audiovisual AB A unidade didáctica IV aborda, ao logo de catro sesións expositivas e outras tantas interactivas, o estudo do son no audiovisual desde o punto de vista da súa localización, e de como de dita localización se derivan distintos efectos expresivos ou dramáticos.Situamos o estudo destas cuestións unha vez que abordamos xa os fundamentos xerais da expresión audiovisual, principalmente no que atinxe ao traballo coa imaxe, despois de analizar a interacción entre imaxe e son, a partir do concepto de audiovisión e, finalmente, tras analizar os distintos aspectos que configuran como tal o fenómeno acústico.Expresión Sonora e Visual é unha materia de 2º curso de Comunicación Audiovisual que se sitúa nunha liña de coñecemento na que conflúen a teoría que busca explicar o fenómeno audiovisual, a análise que axuda a comprendelo e a historia que lle foi dando forma. Esta materia mantén relación, entón, con Linguaxe Audiovisual, obrigatoria de 1º curso, no entanto que, tal como figura no seu descritor, proponse o estudo e análise das linguaxes radiofónicas e televisivas e das formas de expresión de ambos medios. Así mesmo, cómpre póla en relación con Historia dos Medios Audiovisuais, dedicada ao percorrido evolutivo experimentado polos medios de comunicación audiovisuais, e con Escritura Audiovisual, que aborda os fundamentos sobre os que asentan os labores de guionización. No mesmo curso atópase Modalidades da Ficción e do Documental, coa que Expresión Sonora e Visual se complementa, dado que, aínda dun xeito tanxencial, tamén se ocupa dos discursos sobre o real en oposición ás producións discursivas da ficción.En relación coa súa proxección cara aos cursos seguintes, esta materia proponse consolidar os coñecementos básicos que favorezan un maior aproveitamento de materias como Cultura Audiovisual Contemporánea, optativa de 3º curso, e Teoría e Análise da Televisión, tamén optativa do mesmo curso. Tendo en conta que ámbalas dúas presentan unha máis nítida concreción nos seus obxectivos e propósitos –o fenómeno do audiovisual hoxe e a decisiva incidencia, histórica e actual, da televisión en dito fenómeno– Expresión Sonora e Visual busca asentar os coñecementos que permitan unha mellor compresión do tratamento do son en relación coa súa interacción coa imaxe. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-15876-27-4 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/10374 UL http://hdl.handle.net/10347/10374 LA glg NO Titulación: Grao en Comunicación Audiovisual -- Materia: Expresión Sonora e Visual NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 27 abr 2026