RT Book,_Whole T1 Enfermidades parasitarias das abellas A1 Panadero Fontán, Rosario A1 López Sández, Ceferino Manuel K1 Enfermidades Parasitarias II K1 Grao en Veterinaria AB Esta unidade didáctica denominada Enfermidades parasitarias das abellasforma parte da materia Enfermidades parasitarias II que se imparte noprimeiro semestre do 4º curso do Grao en Veterinaria. Esta materia constade 3 bloques temáticos: protozooses, artropodoses e outras parasitoses.Cada unha delas está composta por varias unidades didácticas.Dos grupos definidos no Libro Branco para o Título de Grao enVeterinaria, editado pola «Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad yAcreditación» (ANECA), as materias Enfermidades Parasitarias I e II formanparte do grupo de sanidade animal e están moi relacionadas coas materiasque integran este grupo: epidemioloxía, parasitoloxía, enfermidadesinfecciosas, medicina preventiva e policía sanitaria, e zoonoses e saúdepública.Os contidos desta unidade didáctica van dirixidos a estudantes de4º curso do Grao en Veterinaria con coñecementos previos de enfermidadesparasitarias I, parasitoloxía, epidemioloxía, bioloxía animal, microbioloxía,inmunoloxía, citoloxía e histoloxía veterinaria, fisioloxía animal, patoloxíaxeral, propedéutica clínica, anatomía patolóxica veterinaria e farmacoloxía,farmacia e terapéutica, e serán impartidos en dúas sesións de docenciateórica, unha de prácticas clínico-laboratoriais e unha de seminarios.A formación que o alumnado adquire sobre a disciplina deenfermidades parasitarias achega ó profesional veterinario un amplocoñecemento sobre as causas, natureza, mecanismos de transmisión,acción patóxena, diagnose, tratamento e medidas de prevención e controldos principais procesos parasitarios que afectan ós animais, tanto de formaindividual como colectiva e, especialmente, neste último caso, posto que asenfermidades parasitarias están entre os procesos patolóxicos máis comúnsdas colectividades animais. Así mesmo, os coñecementos adquiridos noestudo de Enfermidades parasitarias son básicos para controlar asafeccións que se transmiten dos animais ó ser humano (zoonoses) e decertas enfermidades de declaración obrigatoria. Do mesmo xeito, o estudodesta disciplina é básico para establecer os correspondentes Programas deSanidade Animal e Saúde Pública Veterinaria que a Administración debeelaborar e implantar para manter e mellorar no posible o estado da gandería española e da saúde humana. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-899-8 YR 2012 FD 2012 LK http://hdl.handle.net/10347/23176 UL http://hdl.handle.net/10347/23176 LA glg NO Titulación: Grao en Veterinaria -- Materia: Enfermidades Parasitarias II NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 20 abr 2026