RT Book,_Whole T1 O contrato de vitalicio A1 Trigo García, Belén AB O contrato de vitalicio consiste na prestación de alimentos a cambiodunha cesión patrimonial. A diferenza dos contratos arrendamento e parzaría, vistos no temaanterior, e da compañía familiar galega, que se verá no tema seguinte, ocontrato de vitalicio non é exclusivo do medio rural. Desta forma, o cambio decircunstancias socio-económicas que carrexa o declive doutras figuras determina,en cambio, unha presenza do contrato de vitalicio cada vez máis importanteno tráfico xurídico. Entre estas circunstancias cabe citar a modificacióndo modelo de relacións familiares ou o aumento da esperanza de vida.Proba deste crecente interese é a recente regulación polo lexisladorestatal dunha figura equiparable, o contrato de alimentos; tamén cabe mencionaro proxecto de regulación da hipoteca inversa ou a introdución pololexislador catalán do pacto de acollida de persoas maiores, chamado a cumprirfins semellantes ó contrato de vitalicio. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9750-928-2 YR 2008 FD 2008 LK http://hdl.handle.net/10347/33915 UL http://hdl.handle.net/10347/33915 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 24 abr 2026