RT Book,_Whole T1 O focómetro de ocular A1 Flores Seijas, José Ramón AB Esta unidade didáctica corresponde ao estudo do focómetro, instrumentoutilizado para a medida das potencias das lentes oftálmicas, que resultaimprescindíbel no lugar de traballo de calquera profesional relacionado cocoidado visual: oftalmólogo, optometrista, óptico, ou técnico de óptica.Este estudo consta de dúas partes, diferentes mais relacionadas.Por unha banda estúdanse as bases teóricas do instrumento, nas aulasexpositivas; e por outra, nas aulas interactivas e xa no obradoiro, apréndese autilizar o instrumento: véndose as diferentes operacións que se poden realizarcon el, en función dos distintos tipos de lentes. O groso do estudo é a partepráctica, que é por outra banda a que máis utilidade ten para os futurosprofesionais. Mais non seria un estudo científico sen esclarecer, mesmobrevemente, os principios teóricos nos que se basea.O estudo teórico non pode ser exhaustivo, pois os alumnos de ÓpticaOftálmica I non teñen por que ter estudado previamente a InstrumentaciónÓptica, que no actual plano de estudo do Grao de Óptica e Optometría secursa simultaneamente con Óptica Oftálmica I. Mais cos coñecementos quexa teñen de Óptica Xeométrica pode entender sen demasiadas dificultades ofuncionamento básico, a nivel óptico, do instrumento estudado. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-967-4 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34032 UL http://hdl.handle.net/10347/34032 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 17 abr 2026