RT Dissertation/Thesis T1 Violencia, persecucións e relato na conformación do poder golpista en Santiago de Compostela, 1936 A1 García Ferreira, Rafael K1 Golpe de Estado K1 Santiago de Compostela K1 violencia K1 relato K1 poder golpista AB Esta disertación está relacionada co golpe de Estado de xullo de 1936 na cidade de Santiago de Compostela e en como se afianzaron os novos poderes a través do uso da violencia por diferentes vías. Por unha parte, estúdase a conspiración e o golpe de Estado en si, como acto de forza para desprazar ás autoridades e tomar o poder. Posteriormente, analízanse as diferentes formas de violencia e persecución que se puxeron en marcha contra unha parte da sociedade, e que tiñan como obxectivo consolidar ese poder: asasinatos, denuncias, depuracións... Estúdanse tanto os procesos como a responsabilidade nestas accións e en que medida uns e outros tiveron participación nelas. Finalmente, analízanse os diferentes espazos que actuaron como lugares de violencia e a súa relación con vítimas e verdugos, dándolle unha dimensión e un punto de vista máis a todos os procesos que se analizan. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/27555 UL http://hdl.handle.net/10347/27555 LA glg DS Minerva RD 24 abr 2026