RT Book,_Whole T1 O ciclo contable A1 Rodríguez Gil, Luis Ignacio AB A contabilidade encárgase de estudar, medir, rexistrar e comunicardeterminados feitos económicos, co fin de que resulte útil na toma dedecisión e control os distintos axentes económicos (administración pública,entidades financeiras, clientes, provedores, investidores, xestores,propietarios, etc.,). Para cumprir este cometido e comunicar a informacióncontable é requisito imprescindible elaborar previamente a mesma que serápublicada periodicamente a través dos estados contables (balance, conta deresultados, estado de cambios no patrimonio neto, estado de fluxos deefectivo e memoria). As necesidades informativas dos diferentes usuariosxustifican a fragmentación da vida económica da empresa en exercicioseconómicos. En consecuencia, as entidades presentan informacióneconómica periódica referida aos exercicios económicos.Non todos os alumnos de primeiro curso do grao contan concoñecementos en materia contable. En consecuencia, a materia estádirixida especialmente aos que se inicien na formación contable, móstrasecomo identificar e valorar os distintos elementos que integran o patrimonioda empresa, asimílase o método contable, estúdanse detalladamente todase cada unha das etapas do ciclo contable, e unha vez introducido oconcepto de normalización contable e os sistemas existentes, analízase omarco xurídico da contabilidade en España, prestando unha especialatención ao Plan Xeral de Contabilidade que entrou en vigor en xaneiro do2008.Esta unidade é importante para a formación do alumno ao permitirllecomprender o funcionamento contable dunha empresa, ao tempo queresulta necesaria para o correcto desenvolvemento das unidadesposteriores, así como de todas as materias contables posteriores. En cantoá duración, está deseñada para ser desenvolvida nunhas 5-6 horas entreexpositivas e interactivas. PB Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico SN 978-84-9887-968-1 YR 2013 FD 2013 LK http://hdl.handle.net/10347/34009 UL http://hdl.handle.net/10347/34009 LA glg NO Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística DS Minerva RD 21 abr 2026