RT Generic T1 Actitudes lingüísticas e aprendizaxe de linguas: revisión teórica e proposta didáctica para a lingua galega T2 Actitudes lingüísticas y aprendizaje de lenguas: revisión teórica y propuesta didáctica para la lengua gallega T2 Linguistic Attitudes and Language Learning: Theoretical Review and Didactic Proposal for the Galician Language A1 Framil de Amorín, Isaura K1 Actitudes K1 Actitudes lingüísticas K1 Estereotipos K1 Prexuízos K1 Ensino e aprendizaxe de linguas K1 Proposta didáctica K1 Galego AB As actitudes lingüísticas xogan un papel determinante nos procesos de adquisición e aprendizaxe de linguas, xa que constitúen unha das formas de expresión da conciencia lingüística dos falantes. Así, xunto a outros elementos centrais no ámbito da sociolingüística, como as crenzas ou os estereotipos, as actitudes lingüísticas contribúen a construír visións e ideas sobre un idioma, factores que influirán no desenvolvemento do usuario como falante dunha lingua nun determinado contexto social.Nas situacións de contacto lingüístico en que conviven dúas ou máis linguas con diferenzas de prestixio, o desenvolvemento de actitudes lingüísticas positivas cara á lingua minorizada será esencial para a súa valoración dentro da comunidade de fala. Nun contexto como o galego é necesario que os falantes adopten posturas favorables cara á lingua galega co fin de contrarrestar o avance do castelán e garantir a preservación do galego e da identidade lingüística dos galegos.Neste senso a educación constitúe unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento destas actitudes positivas, xa que, como expoñen recentes investigacións, as actitudes lingüísticas e a motivación son dous factores decisivos e vinculados ao éxito nos procesos de aprendizaxe de linguas.Neste traballo levarase a cabo unha revisión dos estudos que analizan as actitudes lingüísticas desde o punto de vista da aprendizaxe de linguas e as actitudes no contexto educativo galego co propósito de, posteriormente, elaborar material didáctico enfocado a fomentar actitudes lingüísticas favorables cara á lingua galega. Centrarémonos principalmente en actividades dereflexión metalingüística deseñadas para seren integradas nas aulas de lingua e literatura galegas na educación secundaria. YR 2024 FD 2024-05-06 LK https://hdl.handle.net/10347/41349 UL https://hdl.handle.net/10347/41349 LA glg DS Minerva RD 22 abr 2026