RT Dissertation/Thesis T1 A patrimonialización dos espazos naturais protexidos galegos: análise de territorios de montaña A1 Agrelo Janza, Luis Martín K1 espazos protexidos K1 paisaxe K1 patrimonialización K1 montaña K1 Galiza AB Esta tese de doutoramento analiza o proceso de creación de parques naturais en Galiza, centrándose no papel dos discursos paisaxísticos e das representacións sociais nas iniciativas de declaración de senllos espazos protexidos en Pena Trevinca e no Monte Pindo. A partir dunha aproximación exploratoria ao problema evidenciouse que a declaración destas figuras de protección non segue necesariamente criterios obxectivables, senón que entran en xogo argumentos construídos culturalmente. En consecuencia, faise preciso problematizar os significados patrimoniais que a sociedade lle dá a determinados territorios, pois estes non sempre se axustan ás decisións administrativas levan ao recoñecemento oficial. Partindo desta premisa, o estudo pretende cuestionar as razóns polas que as montañas galegas permanecen fóra destas categorías de protección a pesar do seu potencial patrimonial. YR 2025 FD 2025 LK https://hdl.handle.net/10347/41511 UL https://hdl.handle.net/10347/41511 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026