RT Dissertation/Thesis T1 Aplicación de novas tecnoloxías no estudo da costa de Galicia dirixidas a unha nova xestión no contexto do cambio global A1 Gómez Pazo, Alejandro K1 costa rochosa K1 SIX K1 sistemas sedimentarios K1 UAV K1 xeomorfoloxía K1 xestión costeira K1 RFID AB Esta investigación afonda no coñecemento das costas rochosas en xeral, e das galegas en particular. Nela, realizase unha análise a distintas escalas baseada nas novas tecnoloxías. A microescala empréganse diferentes dispositivos como o Equotip para coñecer o grao de alteración das rochas; a mesoescala úsanse sensores RFID para coñecer os desprazamentos nas praias de bloques e por último, a macroescala trabállase coa información elaborada a partires dos drons para analizar o comportamento de distintos sectores, como as praias de bloques ou os cantís. Por último, para acadar unha visión global da evolución da costa galega, estúdanse en detalle dous ambientes sedimentarios como son Corrubedo e Rodas. A partir destes resultados analízanse as normativas galegas sobre a xestión costeira e as posíbeis melloras a introducir. YR 2022 FD 2022 LK http://hdl.handle.net/10347/27665 UL http://hdl.handle.net/10347/27665 LA glg DS Minerva RD 29 abr 2026