RT Dissertation/Thesis T1 Algunhas claves para comprender a escolla dos estudos universitarios polo alumnado galego A1 Vila Couñago, Esther K1 Elección de estudos universitarios K1 Orientación académico-profesional K1 Métodos mixtos de investigación AB A presente tese pretende ofrecer un marco explicativo e comprensivo da escolla dos estudos universitarios que realiza o alumnado galego ao remate do bacharelato. Tras unha revisión dos principais modelos teóricos existentes e dos factores asociados ás eleccións académico-profesionais, adoptamos unha concepción integradora que abarca a análise de diversas variables de tipo persoal, familiar, escolar e social para indagar –dende unha visión prospectiva proporcionada por estudantes de bacharelato e un enfoque retrospectivo achegado por alumnado universitario– nas claves que subxacen ás preferencias e ás escollas realizadas respecto á carreira universitaria. Emprégase unha metodoloxía mixta de investigación levada a cabo de forma secuencial: primeiramente realízase un estudo extensivo, de tipo cuantitativo, utilizando o cuestionario como instrumento de recollida de datos, e posteriormente un estudo intensivo, de tipo cualitativo, a partir de entrevistas semiestruturadas. Con base nos resultados obtidos, propoñemos liñas xerais de actuación orientadora axeitadas ás necesidades dos destinatarios/as. YR 2017 FD 2017 LK http://hdl.handle.net/10347/16467 UL http://hdl.handle.net/10347/16467 LA glg DS Minerva RD 23 abr 2026