RT Dissertation/Thesis T1 Antonio Casares Rodríguez e a súa contribución á Química e ao seu ensino na Universidade de Santiago A1 Cid Manzano, Ramón K1 Historia da Ciencia K1 Historia da Química K1 Historia da Educación K1 Universidade de Santiago de Compostela K1 Antonio Casares Rodríguez AB Asúmese como punto de partida que Antonio Casares Rodríguez constitúe un referente fundamental na introdución da Química moderna na Universidade de Santiago, aportando, tamén, unha nova forma de entender o seu ensino a través da experimentalidade. Esta dobre dimensión, investigación científica e ensino, sobrepasou, ademais, os límites da ciencia galega, contribuíndo nesas dúas áreas ao desenvolvemento desta ciencia no século XIX en toda España. Preténdese, a través da nosa investigación, portar todos os datos ao noso alcance, para valorar, da forma máis precisa, a verdadeira dimensión científica e docente de Antonio Casares. Poderase, así, fundamentar solidamente a aseveración que o sitúa como unha das figuras claves da química española do século XIX. YR 2013 FD 2013-02-11 LK http://hdl.handle.net/10347/7275 UL http://hdl.handle.net/10347/7275 LA glg DS Minerva RD 28 abr 2026